Observatorio da Sociedade da Información e da modernización de Galicia. http://www.osimga.org/gl/utilidades/rss/index.html Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds gl gl Observatorio da Sociedade da Información e da modernización de Galicia. http://www.osimga.org/export/system/modules/org.osimga.opencms.template2/resources/images/logo_osimga.png http://www.osimga.org/gl/observatorio.rss Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120521_dia_internet_2012.html Mon, 21 May 2012 12:23:47 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120521_dia_internet_2012.html 2012-05-21T12:23:47Z Publicado o informe trimestral do ONTSI sobre o gasto en TIC nos fogares http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120521_ontsi_oleada_fogares_2011T3.html O estudo de demanda e uso de Servizos de Telecomunicacións e Sociedade da Información estima que o gasto total en servizos TIC realizado polos fogares españois no último trimestre de 2011 ascendeu a 3.313 millóns de euros. Increméntase o consumo interanual de servizos na Internet e na televisión de pago, mentres que o consumo en telefonía fixa e móbil experimenta un retroceso en relación ao mesmo trimestre do ano anterior. Mon, 21 May 2012 11:28:59 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120521_ontsi_oleada_fogares_2011T3.html 2012-05-21T11:28:59Z Publicado un informe do CPEIG sobre a xeración de valor social e económico do Opendata http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120510_cpeig_opendata.html O estudo “Open Data e RISP”, publicado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Xunta de Galicia, destaca os beneficios das iniciativas Open Data no sector público, na procura dun goberno aberto á cidadanía, máis eficiente e transparente. Thu, 10 May 2012 10:58:31 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120510_cpeig_opendata.html 2012-05-10T10:58:31Z A directora da Amtega presentou no pleno do Osimga o balance das actuacións definidas na estratexia tecnolóxica da Xunta durante o período 2009-2011 http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120502_pleno_osimga_2012.html O Goberno galego mobilizou no período 2009-2011 un total de 660 millóns euros, entre capital público e privado, nas liñas de actuación de 2014.gal a Axenda Dixital de Galicia. Como resultados máis destacados cómpre salientar que en dous anos a poboación con cobertura de Internet en Galicia pasou do 70% a preto do 90%, que os galegos poden tramitar electrónicamente preto 300 procedementos na sede electrónica da Xunta, así como que as aulas dixitais son unha realidade para máis de 30.000 alumnos da Comunidade, que no ámbito xudicial renováronse equipamento infraestruturas e sistemas de información e que a implantación da e-receita beneficia xa ao 99% da poboación. Ademais a directora da Amtega presentou o Plan de Traballo 2012 do Osimga que aforrará 35.000 euros anuais na elaboración das enquisas sobre as TIC nos fogares galegos grazas a un acordo co IGE. Wed, 02 May 2012 06:19:47 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120502_pleno_osimga_2012.html 2012-05-02T06:19:47Z As empresas do Hipersector TIC en Galicia xeran preto de 14.000 postos de traballo http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120430_Informe_hipersectorial_ametic.html Segundo o Mapa Hipersectorial das TIC do ano 2012, publicado por AMETIC, un 52,3% dos contratos de traballo pertencen ás empresas especializadas no sector das Tecnoloxías da Información e contan cun tamaño medio de 11,4 traballadores. Ademais o mapa mostra o potencial que o tecido empresarial galego aporta ao desenvolvemento do hipersector. Fri, 27 Apr 2012 12:14:50 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120430_Informe_hipersectorial_ametic.html 2012-04-27T12:14:50Z Un 15% das Pemes realiza actividades de comercio electrónico http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120418_comercio_e.html O 15% das empresas españolas con menos de 50 empregados realiza actividades de comercio electrónico, tanto a nivel nacional como internacional. Esta é unha das conclusións do estudo “La presencia del e-commerce entre las Pymes españolas” elaborado por The Cocktail Analysis xunto con Google. Wed, 18 Apr 2012 10:39:35 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120418_comercio_e.html 2012-04-18T10:39:35Z Medra o número de internautas que acceden a través do móbil para consultar as redes sociais http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120412_redes_sociais.html Seis de cada 10 internautas acceden a Internet a través dun dispositivo móbil e o 55% úsano para consultar as redes sociais. Un 25% máis que en en 2010. Así o afirma a 4ª Vaga do "Observartorio de Redes Sociales", realizado por The Cocktail Analysis. O estudo revela tamén un forte rexeitamento ao denominado “social e-commerce” polos usuarios do conxunto de España. Thu, 12 Apr 2012 06:20:16 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120412_redes_sociais.html 2012-04-12T06:20:16Z O OSIMGA comeza a recollida de datos das enquisas sobre a Sociedade da Información en Galicia http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120411_lanzamento.html O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), vén de poñer en marcha o traballo de campo das enquisas sobre a Sociedade da Información en Galicia relativas á evolución do equipamento e uso das TIC nos seguintes ámbitos de observación: Poboación, empresas de Galicia con 10 e máis empregados/as, empresas galegas de menos de 10 empregados/as e empresas TIC de Galicia. Wed, 11 Apr 2012 10:16:35 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120411_lanzamento.html 2012-04-11T10:16:35Z A telefonía móbil perdeu 133.500 liñas en febreiro http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120411_cmt.html Segundo a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), en febreiro produciuse unha importante baixa nas liñas de telefonía móbil , un descenso das liñas fixas e un pobre crecemento en banda larga. Wed, 11 Apr 2012 08:58:08 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120411_cmt.html 2012-04-11T08:58:08Z O 13,4% da produción editorial galega xa é dixital http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120330_ebook.html Un informe do Observatorio da Lectura e o Libro do Ministerio de Cultura, indica que o pasado ano publicáronse en Galicia 470 libros electrónicos, un 13,4% do total da produción editorial galega. O libro electrónico en lingua galega medra por riba da media estatal. Fri, 30 Mar 2012 08:40:18 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120330_ebook.html 2012-03-30T08:40:18Z 3 de cada 4 enxeñeiros/as consideran que deben manter un papel activo na difusión e impulso da Sociedade da Información http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120328_enxenharia.html Unha enquisa do Instituto de Ingeniería de España (IIE) e ONTSI confirma o alto grao uso e de implicación dos profesionais das distintas enxeñarías cos servizos da sociedade da información. Wed, 28 Mar 2012 07:58:27 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120328_enxenharia.html 2012-03-28T07:58:27Z Un de cada catro cidadáns non usou nunca un computador http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120327_eurostat.html Eurostat indica que o 74% dos cidadáns españois xa utilizou algunha vez un computador (fronte ao 78% de media na UE). A proporción aumenta até o 98% no caso dos mozos e mozas entre 16 e 24 anos (fronte ao 96% de media na UE). O español foi o terceiro Estado membro cunha maior porcentaxe de titulados/as en informática (5,1 % en 2009, fronte ao 6,5% rexistrado en 2005). Tue, 27 Mar 2012 07:38:42 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120327_eurostat.html 2012-03-27T07:38:42Z Máis de 10,3 millóns de fogares dispoñen de conexión a Internet http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120322_panel.html A XXXIII Vaga do panel de fogares do ONTSI revela que o gasto en servizos TIC realizado polos fogares, no terceiro trimestre de 2011, foi de 3.397 millóns de euros. Un 17,1% dos fogares, teñen contratados catro servizos TIC (telefonía fixa, móbil, Internet e TV de pago). O 55,7% dous usuarios de telefonía móbil cren que reciben pouco ou moi pouco polo que pagan. Thu, 22 Mar 2012 12:21:41 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120322_panel.html 2012-03-22T12:21:41Z Medra o uso das tecnoloxías de mobilidade nas Pemes cun incremento interanual do 12,4% http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120321_mobilidade.html O “Especial Tecnologías de Movilidad”, publicación xunta ao ‘Informe ePyme 2011’, de Fundetec e DGIPYME afirma que o 48% das PEMEs españolas utilizou as tecnoloxías de mobilidade en 2011 cun crecemento interanual do 12,4%. Wed, 21 Mar 2012 16:58:01 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120321_mobilidade.html 2012-03-21T16:58:01Z O 65 % dos usuarios utiliza o seu teléfono intelixente para ler o correo http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120321_smartphone.html O 65 % dos usuarios de teléfonos intelixentes -'smartphone'- utilízaos para acceder ao correo electrónico, descargar aplicacións ou usar servizos de xeolocalización, condutas que son máis xeneralizadas entre mozas e adolescentes. Wed, 21 Mar 2012 11:20:44 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120321_smartphone.html 2012-03-21T11:20:44Z 8 de cada 10 usuarios conéctase a Internet a través dunha rede sen fíos Wi-Fi http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120314_inteco_wifi.html Un estudo do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO) indica que o 74,1% dos internautas accede a Internet a través do seu propio router, mentres que un 25,2% conéctase habitualmente a unha rede pública e un 11,9% accede conectándose á rede doutro usuario. Wed, 14 Mar 2012 16:14:26 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120314_inteco_wifi.html 2012-03-14T16:14:26Z 539.599 usuarios de telefonía móbil cambiaron de operadora en xaneiro http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120313_portabilidades.html O mes de xaneiro rexistrou a maior cifra de portabilidades da historia da telefonía móbil en España, con 539.599 liñas que cambiaron de operadora, segundo a nota mensual publicada hoxe pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT). Tue, 13 Mar 2012 12:52:09 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120313_portabilidades.html 2012-03-13T12:52:09Z O 84% dos internautas españois usan Software Libre http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120312_cenatic_poboacion.html Segundo os datos do estudo que vén de publicar Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas de CENATIC, fundación pública estatal que conta coa Xunta de Galicia entre os seus promotores, o 84% dos internautas do conxunto do Estado xa están a usar software libre, cun nivel de satisfacción próximo ao 80%. Mon, 12 Mar 2012 13:28:26 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120312_cenatic_poboacion.html 2012-03-12T13:28:26Z O 41% das empresas españolas aínda non dispón de web corporativa http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120309_ametic.html O estudo "Las Tecnologías de la Información y las Comunicaciones en la empresa española 2011" realizado de maneira conxunta pola compañía Everis e a patronal do sector tecnolóxico AMETIC, mostra que España obtivo 43,5 puntos sobre cen en 2011, o que supón un aumento de 6,5 puntos con respecto ao ano anterior. Trátase do seu maior repunte no últimos catro anos, xa que desde 2008 a súa evolución foi practicamente nula. Fri, 09 Mar 2012 11:40:23 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120309_ametic.html 2012-03-09T11:40:23Z Análise do ONTSI sobre o uso das TIC nas empresas españolas http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120307_ontsi_empresas.html O Observatorio Nacional das Telecomunicacións e para a Sociedade da Información (ONTSI) vén de presentar dous informes que analizan o uso das TIC nas Empresas e Microempresas españolas, tomando como referencia os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados no mes de xuño de 2011. Wed, 07 Mar 2012 13:36:48 GMT http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20120307_ontsi_empresas.html 2012-03-07T13:36:48Z