Galego  | Castelán
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Presentado o primeiro estudo sobre a sociedade da información e os autónomos de  Galicia,  en base a máis de 500 enquisas realizadas polo OSIMGA 
 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130122_autonomos.html
2
DESTACADO

O OSIMGA publica o resultado da enquisa do ano 2012 sobre o uso do software libre nas empresas galegas

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_pemes.html
3
DESTACADO

O uso do software libre nas empresas informáticas galegas, informe ano 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_sectorTIC.html
4
DESTACADO

Presentados os resultados da enquisa sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos no 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130516_enquisa_fogares.html

DESTACADOS

Promotores

Promotores

 

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) é a promotora do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA).

A Amtega é o órgano superior da Administración autonómica que ostenta a función do impulso, asesoramento técnico e apoio en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), así como a súa aplicación para a modernización e impulso da innovación de Galicia en cuestións de desenvolvemento tecnolóxico.

A Amtega, a cargo da estratexia tecnolóxica global da Xunta de Galicia, dirixe de xeito global a aplicación das TIC na Administración autonómica e colabora no impulso da sociedade da información en Galicia.

Estrutura

O OSIMGA, como órgano asesor, estrutúrase nun pleno e en grupos de traballo técnico. No pleno, ademais da Directora da Axencia de Modernización Tecnolóxica están representados outros departamentos da Administración autonómica, como son as consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de Economía e Industria, e de Facenda, ou o Instituto Galego de Estatística. Ademais, forman parte do pleno representantes da Administración do Estado, das universidades, da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), da Confederación de Empresarios de Galicia e organizacións sindicais, así como personalidades de recoñecido prestixio en materia da sociedade da información e da modernización administrativa.

 

 

Facebook Netvibes Twitter Delicious Issuu
Imit Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional