O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) fusiona orgánica e funcionalmente os dous observatorios de referencia anteriores (OGSI e OCEG) e ten entre as súas funcións:
Desenvolver ou promover compilacións, estudos e análises de datos que permitan coñecer cunha visión global o nivel de desenvolvemento, a tendencia e os posibles problemas que afecten a extensión da sociedade da información en Galicia e á aplicación do modelo de eGoberno nas administracións públicas galegas.
Facilitar análises comparativas e aliñacións de datos con outros marcos xeográficos.
Promover o intercambio de experiencias e información entre administracións, con outros observatorios, organismos ou entidades.
Impulsar a organización de eventos formativos, reunións de expertos ou grupos de traballo.
Promover e xestionar a elaboración e difusión de publicacións técnicas, impresas ou electrónicas, específicas e monográficas ou de publicación periódica.
Xestionar e ofrecer periodicamente e, como mínimo, a través dunha web específica, información sobre o nivel de desenvolvemento da sociedade da información en Galicia, eventos formativos, noticias de actualidade, ou enlaces con outras fontes de información, observatorios ou entidades.
Elaborar e presentar publicamente informes que reflictan o estado de situación ou a evolución prevista.
Facilitar datos a outros organismos e entidades con competencias específicas na materia.
Analizar o estado de desenvolvemento da Sociedade da Información para toda a cidadanía e, en especial, no que respecta ás mulleres, ás persoas con discapacidade, ás persoas maiores e aos colectivos con risco de exclusión, promovendo liñas de actuación que potencien a súa incorporación e permanencia activa en condicións de igualdade efectiva.
Avaliar e servir de elemento para a definición de políticas públicas en materia de sociedade da información e modernización da Administración.