DESTACADOS
O Observatorio da Sociedade da Información e da Modernizacion de Galicia colabora desde hai varios anos co resto das comunidades autónomas de España e co Ministerio das Administracións públicas (MAP) na realizacion do mapa da administración electrónica nas administracións autónomicas. O Observatorio realizou numerosas achegas no deseño do cuestionario, como os anexos de Software Libre e da Lei 11/2007 do acceso electrónico dos cidadáns aos servizos publicos (LAECSP). Da mesma forma en colaboración con todas as consellerías, o Observatorio realiza a recollida de datos en todas as consellerías da Xunta de Galicia e os seus centros dependentes.