O Decreto 21/2010 do 4 de febreiro de 2010 atribúe ao Observatorio entre as súas funcións as de desenvolver ou promover estudos e análises de datos que permitan coñecer o nivel de desenvolvemento, a tendencia e posibles problemáticas que poden afectar á extensión da Sociedade da Información en Galicia e a aplicación do modelo de eGoberno nas administracións públicas galegas. O OSIMGA elabora informes de situación e de evolución e facilita datos a outros organismos competentes na materia, contribuíndo á definición estratéxica de políticas públicas.
Así mesmo, o Observatorio analiza o estado de desenvolvemento da Sociedade da Información para toda a cidadanía e, en especial, no que respecta aos colectivos en risco de exclusión, promovendo liñas de actuación que potencien a súa incorporación e permanencia en condicións de igualdade efectiva. Entre as observacións de carácter xeral cabe salientar que o OSIMGA poñerá en marcha enquisas sobre a Sociedade da Información en Galicia e sobre a eAdministración na Xunta e nas entidades locais.
A web do OSIMGA é unha canle aberta de comunicación e difusión dos datos, informacións, estudos e outros materiais elaborados polo Observatorio. Ademais na web este sistema de información subministra unha selección de novas relacionadas coa modernización da administración autonómica galega e a sociedade da información en Galicia.












Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds