DESTACADOS
O Sistema de Indicadores da Sociedade da Información de Galicia é un conxunto de indicadores estatísticos que permite monitorizar, dun xeito sintético, rigoroso e transparente, a evolución da sociedade da información en Galicia, ofrecendo unha visión de conxunto da situación e do seu grao de avance.
Este modelo de indicadores foi elaborado no marco do III Plan Galego de Estatística 2007-2011, tomando como referencia as recomendacións establecidas no código de boas prácticas das Estatísticas Europeas.
O Sistema de Indicadores ofrece información referente ao nivel de equipamento e utilización de produtos e servizos TIC por parte da poboación e as empresas galegas, realizando ademais un tratamento específico do sector galego das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (Sector TIC), así como un seguimento da e-Administración en Galicia.
Sistema de Indicadores da Sociedade da Información de Galicia (decembro, 2011)
Descargar informe completo (pdf, 700 KB)