Galego  | Castelán
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Presentado o primeiro estudo sobre a sociedade da información e os autónomos de  Galicia,  en base a máis de 500 enquisas realizadas polo OSIMGA 
 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130122_autonomos.html
2
DESTACADO

O OSIMGA publica o resultado da enquisa do ano 2012 sobre o uso do software libre nas empresas galegas

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_pemes.html
3
DESTACADO

O uso do software libre nas empresas informáticas galegas, informe ano 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_sectorTIC.html
4
DESTACADO

Presentados os resultados da enquisa sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos no 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130516_enquisa_fogares.html

DESTACADOS

Galicia, cuarta no ranking autonómico de servizos electrónicos para empresas
Galicia, cuarta no ranking autonómico de servizos electrónicos para empresas
O informe da Fundación Orange publicado hai uns días, que examina a dispoñibilidade de 26 servizos electrónicos, asigna a Galicia a setima posición no ranking xeral por comunidades autónomas, sendo a comunidade que mostra un maior crecemento na comparativa interanual. O conxunto de servizos, divídese en 16 para cidadanía e 10 para empresas, onde Galicia obtén a mellor posición.
Valoración
(1 votos)
01/08/2012

A Fundación Orange acaba de presentar o estudo sobre o progreso dos servizos públicos dispoñibles online nas comunidades autónomas do Estado, un estudo que foi elaborado  seguindo os principios xerais definidos pola Comisión Europea no ámbito da Administración Electrónica.

Comprende unha selección de 26 servizos públicos, dos que 16 teñen como público obxectivo á cidadanía, mentras que os 10 restantes son para o segmento das empresas.   Ademais no 2012 non se fixo ningún cambio metodolóxico respecto ao ano precedente, no que se sustituiron 4 servizos públicos que xa alcanzaran nos últimos anos unha media de dispoñibilidade superior ao 95% por outros 4 novos.

En termos xerais, Asturias volve a liderar, por sexto ano consecutivo, o ranking con un 99% de dispoñibilidade online, seguida de Madrid e Andalucía, sendo a última posición para Aragón. Galicia nesta clasificación xeral obtén a setima posición e é a comunidade cun maior crecemento respecto ao ano anterior, pasando da posición 11 do 2011 á posición 7 no 2012. Por outra parte, examinando só os datos de empresas, Galicia está na cuarta posición.  

Con respecto aos servizos, defínense cinco estados: 0, para ausencia do sitio web; 1, para o nivel de Información; 2, para a interacción unidireccional; 3, para a interacción bidireccional; e 4, para a tramitación totalmente electrónica.
 
Do estudo, destácase que ningunha CC AA alcanza aínda o 100% de dispoñibilidade dos servizos en nivel 4. Asturias e Madrid teñen 25 servizos dos 26 examinados,  as que seguen Andalucía e Navarra con 24. Galicia atópase, tamén, na setima posición con 18 servizos en nivel 4.

Con respecto aos servizos orientados á cidadanía, Andalucía comparte a primeira posición del ranking con Asturias, distanciándose un punto de Madrid e Navarra. Galicia, ocupa a decima posición co 78%, un pouco por debaixo da media global establecida no 82%.

Pola súa parte, os datos da dispoñibilidade media dos servizos orientados a empresas mostran que Asturias e Madrid, que manteñen os 100 puntos desde 2010, son de novo as mellor clasificadas, seguidas de Navarra con 98 puntos e Galicia e Andalucía co 95%.

Os 2 servizos con maior nivel de desenvolvemento corresponden á “Cita Médica”, 100% en todas as CC AA, seguido de “Taxas Autoliquidables” que tamén está desenvolvendo todas as comunidades, excepto en Castela-A Mancha. Polo contrario, o servizo de “Admisión de Alumnos en Centros Públicos Docentes (non Universitarios)”, introducido no  2011, segue sendo o menos desenvolvido ao alcanzar a etapa 4 en só 5 comunidades.

No 2012, o incremento da dispoñibilidade media online dos 26 servizos públicos analizados con respecto al ano anterior foi de 2 puntos, chegando a unha puntuación media global de 80%, valor moi importante xa que hai que ter en conta a dificultade que representa crecer a medida que se incrementa a dispoñibilidade, ademais da incorporación dos 4 novos servizos
introducidos no 2011 no ámbito do estudo.

Fundación Orange: Estudo Comparativo 2012 dos Servizos Públicos online nas Comunidades Autónomas

 

 

voltar
Facebook Netvibes Twitter Delicious Issuu
Imit Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional