Galego  | Castelán
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Presentado o primeiro estudo sobre a sociedade da información e os autónomos de  Galicia,  en base a máis de 500 enquisas realizadas polo OSIMGA 
 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130122_autonomos.html
2
DESTACADO

O OSIMGA publica o resultado da enquisa do ano 2012 sobre o uso do software libre nas empresas galegas

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_pemes.html
3
DESTACADO

O uso do software libre nas empresas informáticas galegas, informe ano 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_sectorTIC.html
4
DESTACADO

Presentados os resultados da enquisa sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos no 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130516_enquisa_fogares.html

DESTACADOS

O INE publica os indicadores do sector TIC do ano 2010
O INE publica os indicadores do sector TIC do ano 2010
Increméntase un 3,3% o número de empresas do sector TIC en España, pero redúcese o volume de negocio nun 0,7%. O 41,6% das empresas TIC realizaron actividades innovadoras durante o ano 2010.
Valoración
(0 votos)
10/07/2012

O INE achega os principais resultados do estudo sobre os indicadores do sector TIC do ano 2010, conformado polas industrias manufactureiras e de servizos que teñen como actividade principal o desenvolvemento, produción, comercialización e uso intensivo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

Os datos económicos do sector TIC para o ano 2010 facilitados polo INE indican que o número de empresas incrementouse nun 3,3% dende 2009, o que supón 1.373 entidades máis durante este período. A cifra de negocios reduciuse un 0,7%, situándose no 2010 en 91.427 millóns de euros.

O 41,6% das empresas TIC realizaron actividades innovadoras no ano 2010, sendo o sector manufactureiro o que destina un 63,3% dos seus gastos á innovación e o sector servizos o 39,6% respectivamente.

Poden consultarse estes e outros indicadores TIC na web do INE
 

voltar
Facebook Netvibes Twitter Delicious Issuu
Imit Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional