Galego  | Castelán
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Presentado o primeiro estudo sobre a sociedade da información e os autónomos de  Galicia,  en base a máis de 500 enquisas realizadas polo OSIMGA 
 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130122_autonomos.html
2
DESTACADO

O OSIMGA publica o resultado da enquisa do ano 2012 sobre o uso do software libre nas empresas galegas

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_pemes.html
3
DESTACADO

O uso do software libre nas empresas informáticas galegas, informe ano 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_sectorTIC.html
4
DESTACADO

Presentados os resultados da enquisa sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos no 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130516_enquisa_fogares.html

DESTACADOS

O comercio electrónico en España acadou un novo récord de facturación no ano 2011
O comercio electrónico en España acadou un novo récord de facturación no ano 2011
Segundo a CMT o volume de negocio do comercio electrónico achegouse a 9.201 millóns de euros, un 25,7% máis que no 2010 e un 60% máis que no 2009.
Valoración
(0 votos)
06/07/2012

A Comisión del Mercado de las Telecomunicaciones (CMT) estima que durante o ano 2011 as compras realizadas por Internet mediante tarxeta de crédito ascenderon a 9.201 millóns de euros. O crecemento interanual en relación ao 2010 situouse no 25,7% e no 60% en relación ao 2009, o que confirma a evolución positiva do volume de negocio xerado a través do comercio electrónico a pesar da recesión económica.  

A CMT considera que o número de transaccións acadou un novo máximo histórico, con 36,9 millóns de operacións no cuarto trimestre de 2011. Durante todo o ano realizáronse un total de 131 millóns de compras por Internet no conxunto do Estado, o que supón un crecemento interanual do 30,9% en relación ao 2010.

As axencias de viaxes e o transporte aéreo ocuparon o primeiro e segundo posto respectivamente no ranking de ramas por volume de negocio, sumando o 26,5% da facturación total do comercio electrónico en España. 

Poden consultarse os informes trimestrais na seguinte ligazón:
 

voltar
Facebook Netvibes Twitter Delicious Issuu
Imit Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional