Galego  | Castelán
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Presentado o primeiro estudo sobre a sociedade da información e os autónomos de  Galicia,  en base a máis de 500 enquisas realizadas polo OSIMGA 
 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130122_autonomos.html
2
DESTACADO

O OSIMGA publica o resultado da enquisa do ano 2012 sobre o uso do software libre nas empresas galegas

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_pemes.html
3
DESTACADO

O uso do software libre nas empresas informáticas galegas, informe ano 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_sectorTIC.html
4
DESTACADO

Presentados os resultados da enquisa sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos no 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130516_enquisa_fogares.html

DESTACADOS

A Comisión Europea presenta o segundo informe de seguimento da Axenda Dixital
A Comisión Europea presenta o segundo informe de seguimento da Axenda Dixital
Un 95% da poboación da Unión Europea dispón actualmente de cobertura de banda larga, co obxectivo de acadar o 100% no 2013. Un 43% dos cidadáns europeos entre 16 e 74 anos realiza compras online e o 41% son usuarios de servizos ofrecidos polas administracións públicas a través da Internet.
Valoración
(0 votos)
04/07/2012

O segundo informe de seguimento da Axenda Dixital para Europa achega os principais resultados das actuacións desenvolvidas pola Unión Europea entre xuño de 2011 e maio de 2012.

Entre os obxectivos clave establecidos na Axenda Dixital destaca o avance na cobertura de banda larga, que se amplía neste período ao 95% da poboación europea. A porcentaxe de penetración da banda larga de menos de 30Mbps situouse en xaneiro de 2012 no 28,7% para o conxunto dos Estados membros. Neste último indicador, España sitúase próximo ao 25%.

Outro dos obxectivos (target 2a) persegue que o 50% da poboación europea entre 16 e 74 anos de idade use Internet para adquirir bens e servizos no 2015. Este indicador sobre o uso do comercio electrónico (eCommerce) pola cidadanía sitúase actualmente no 43%, despois de experimentar un importante crecemento no conxunto da Unión Europea, que permite que España se aproxime ao 30%.

A proporción de cidadáns europeos entre 16 e 74 anos de idade que usaron Internet para interactuar coas administracións e autoridades públicas acadou o 41% no ano 2011, incrementando tres puntos porcentuais en relación ao ano anterior. O obxectivo do indicador 4a sobre o uso do goberno electrónico (eGovernment) persegue o 50% de cara ao ano 2015. Neste senso, España sitúase na media europea, cun valor próximo ao 40%.

Celebrada a Asemblea da Axenda Dixital para Europa o pasado mes de xuño, a Comisión Europea prevé realizar en outono de 2012 un novo informe de seguimento, que permita avaliar as prioridades e o progreso das actuacións contempladas na Axenda de cara ao ano 2015.

Na seguinte ligazón poden consultarse os indicadores de progreso da Axenda Dixital para Europa:
Cadro de mando 2012

voltar
Facebook Netvibes Twitter Delicious Issuu
Imit Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional