Galego  | Castelán
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Presentado o primeiro estudo sobre a sociedade da información e os autónomos de  Galicia,  en base a máis de 500 enquisas realizadas polo OSIMGA 
 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130122_autonomos.html
2
DESTACADO

O OSIMGA publica o resultado da enquisa do ano 2012 sobre o uso do software libre nas empresas galegas

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_pemes.html
3
DESTACADO

O uso do software libre nas empresas informáticas galegas, informe ano 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_sectorTIC.html
4
DESTACADO

Presentados os resultados da enquisa sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos no 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130516_enquisa_fogares.html

DESTACADOS

As empresas galegas de 10 e máis empregados superan a media estatal en dispoñibilidade de ordenador, conexión a internet, telefonía móbil e correo electrónico
As empresas galegas de 10 e máis empregados superan a media estatal en dispoñibilidade de ordenador, conexión a internet, telefonía móbil e correo electrónico
Os datos máis significativos indican que un 27,4% destas empresas, con conexión a Internet, xa dispón dunha velocidade de entre 10 e 30 Mbps, superando a media estatal en 1,1 punto. Ademais o 86% interactúa coas AAPP a través da rede, 1 punto por riba da media estatal e preto do 75% das empresas galegas deste segmento usa da sinatura dixital, 4 puntos por riba da media estatal e cun crecemento do 26,2% con respecto a 2011. Por outra parte increméntanse nun 13,4% a porcentaxe destas empresas con páxina web. Finalmente, respecto as microempresas galegas, seguen a estar por debaixo da media estatal no uso das TIC pero crecen en todos os indicadores, reducindo a fenda dixital en case 4 puntos na conexión a Internet e en máis de 3 puntos en equipamento de ordenador e telefonía móbil. O 96,5% das microempresas galegas con conexión á rede dispoñen de banda larga fixa, porcentaxe lixeiramente superior á media estatal (96,1%)
Valoración
(1 votos)
25/06/2012

O 98,8% das empresas galegas de 10 ou máis empregados dispoñen de conexión a Internet, máis dun punto por riba da media estatal situando a Galicia na segunda posición no ranking de Comunidades Autónomas neste indicador. Ademais, a práctica totalidade destas empresas dispoñen de ordenador (99,4%), porcentaxe que supera á do conxunto do Estado (98,7%).

Así se recolle no estudo “O uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2011/2012”, publicado hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que vén de analizar o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

O OSIMGA salienta que os indicadores básicos para as empresas galegas de 10 e máis empregados superan lixeiramente a media española e destaca a vantaxe deste segmento empresarial no uso da sinatura dixital, dos recursos da Administración electrónica e na calidade da banda larga contratada.

Empresas de máis de 10 empregados
O 98,7% das empresas galegas de 10 ou máis empregados con conexión a Internet, acceden mediante algunha solución de banda larga. Un 62,2% contan cunha velocidade de entree 2 Mbps e 10 Mbps, superando a media estatal, que se sitúa no 61,5%. No tramo de velocidade entre 10 Mbps e 30 Mbps, a porcentaxe é do 27,4% máis dun punto por riba da media estatal.

Entre as empresas galegas con conexión a Internet, tamén cabe salientar que máis da metade (56,3%) accede á rede a través de telefonía móbil de banda larga (Móbil 3G) utilizando smartphone ou PDA, valores semellantes á media estatal (56,5%).

Un 98,4% das empresas galegas deste segmento dispón de correo electrónico, 1,2 puntos por riba da media estatal e un 94,3% dispón de telefonía móbil, medio punto máis que a media estatal. Por tanto, nos principais indicadores básicos relativos ás empresas de 10 e máis empregados, o comportamento da media galega é lixeiramente superior á estatal.

Por outra banda, o 69,4% das empresas deste segmento dispón de páxina web, un 13,4% máis ca no ano 2011. Este indicador experimentou un crecemento superior ao da media estatal, permitindo reducir a fenda dixital de 5,8 puntos no ano 2011 a tan só 1,6 puntos na actualidade.

Incremento da sinatura dixital
Especialmente significativo é o incremento no emprego da sinatura dixital entre as empresas galegas de 10 e máis empregados. Un 74,7% das empresas galegas deste segmento con conexión a Internet emprega a sinatura dixital, cun crecemento do 26,2% con respecto a 2011 e superando a media estatal en 4 puntos. Das empresas galegas que fan uso da mesma, o 98,4% emprégana para relacionarse coas AAPP e un 22,5% para relacionarse con provedores e clientes.

Galicia tamén presenta uns bos resultados no referente ao uso da administración electrónica para a interacción coas Administracións Públicas, alcanzando unha porcentaxe do 86,1%, situándose 1 punto por riba da media estatal (85,1%). Este indicador experimentou un crecemento do 6,3% no último ano fronte a un crecemento do 1,3% da media estatal.

Os usos máis frecuentes son a obtención de información e os relacionados coa descarga de formularios pero destaca especialmente a porcentaxe de empresas que devolven impresos cumprimentados á Administración a través de Internet (63,9%), superando a media estatal en 3 puntos e situando a Galicia na 6ª posición no ranking autonómico.

Un 80% das empresas galegas de 10 e máis asalariados emprega o software de código aberto, fronte ao 82,4% da media estatal.

Finalmente, un 13,3% das empresas galegas de 10 e máis empregados utilizan as redes sociais por motivos de traballo, destacando os labores de marketing e publicidade (87% das empresas galegas que utilizan redes sociais fronte ao 84,4% do Estado).

Microempresas
A situación das microempresas con respecto ao uso das TIC en Galicia continúan a estar por debaixo da media estatal pero practicamente todos os datos rexistran incrementos superiores ao crecemento da media estatal. Así, un 62,7% das microempresas galegas dispón de ordenador, fronte ao 71,3% do Estado. O crecemento deste indicador en Galicia foi dun 8,3%, superior ao crecemento estatal (2,3%), reducindo a fenda de 11,8 puntos a 8,6 puntos.

En canto á conexión a Internet, o 57,8% das microempresas galegas xa dispón de conexión á Rede, experimentando un crecemento do 9,5% no último ano fronte ao incremento do 1,7% do conxunto do Estado. Neste indicador, a diminución da fenda dixital foi de preto de 4 puntos.

Entre as microempresas que contan con conexión a Internet un 96,5% dispón de banda larga fixa, unha porcentaxe lixeiramente superior á media estatal (96,1%). A porcentaxe de empresas con menos de 10 asalariados que dispoñen de telefonía móbil acada o 71,9%, medio punto por baixo da media estatal (72,4%), diminuíndo a fenda en 3,1 puntos.

Un 24,4% das microempresas con conexión a Internet dispoñen de páxina web, cunha diferenza de 4,2 puntos coa media estatal (28,6%) aínda que experimenta un crecemento (22,6%) superior ao estatal (10,5%) que se traduce nunha diminución da fenda en 2,2 puntos.

Ligazón á información do INE: "Encuesta sobre el uso de TIC y comercio electrónico en las empresas"

voltar
Facebook Netvibes Twitter Delicious Issuu
Imit Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional