DESTACADOS
Un ano máis o ONTSI presenta o seu Perfil sociodemográfico dos internautas. O estudo, realizado grazas a un convenio co Instituto Nacional de Estatística, utiliza os datos da “Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de la Información y Comunicación en los hogares 2011” do INE.
Número de internautas, frecuencia de uso e actividades de Internet
O informe destaca que xa son 16,5 millóns de persoas de 16 a 74 anos as que se conectan a Internet diariamente. Case 27 millóns de persoas de 10 anos e máis accederon a Internet nalgunha ocasión.
A consulta do correo electrónico (95,1%) e o emprego de buscadores (76,4%), encabezan as prioridades das persoas que acceden a Internet. O 75,3% dos internautas de 16 a 74 anos len noticias a diario na Rede. Esta é a terceira actividade máis practicada polos internautas con maior periodicidade, por diante das actividades de formación (70,2%), a consulta de "wikis" (67,9%) e viaxes e aloxamento (66,1%).
Segundo o informe do ONTSI, a frecuencia diaria de consulta en liña de noticias experimentou un incremento interanual do 4%, a frecuencia semanal un 1% (até o 51,6%) e a que se fai "non todas as semanas" un 6% (35,6%).
As actividades de formación en Internet experimentan un incremento interanual de 10 puntos porcentuais entre os internautas que utilizan a rede diariamente
O ONTSI tamén salienta que as procuras en Internet relacionadas con temas de saúde son máis frecuentes entre os internautas que acceden con menor periodicidade.
Uso de Internet por características sociodemográficas
Características sociodemográficas da poboación internauta
Evolución da porcentaxe de internautas
En 2011 sete de cada dez persoas de entre 16 e 74 anos conectáronse a Internet nalgunha ocasión, experimentando un incremento interanual de 2,3 puntos porcentuais.