Galego  | Castelán
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

Presentado o primeiro estudo sobre a sociedade da información e os autónomos de  Galicia,  en base a máis de 500 enquisas realizadas polo OSIMGA 
 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130122_autonomos.html
2
DESTACADO

O OSIMGA publica o resultado da enquisa do ano 2012 sobre o uso do software libre nas empresas galegas

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_pemes.html
3
DESTACADO

O uso do software libre nas empresas informáticas galegas, informe ano 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130408_swl_sectorTIC.html
4
DESTACADO

Presentados os resultados da enquisa sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos no 2012

 

http://www.osimga.org/gl/actualidade/noticias/20130516_enquisa_fogares.html

DESTACADOS

Publícanse dez claves que ilustran como o Goberno 2.0 pode aproveitar as redes sociais tras a celebración da Web 2.0 Expo en Nova York
A raíz de la celebración en Nueva York de la Web 2.0 Expo, Alex Howard proporciona en “Diez lecciones para el Gobierno 2.0 desde la web 2.0” una decena de claves acerca de la web 2.0 que se podrían aplicar al Gobierno
Valoración
(0 votos)
19/10/2010

Con frecuencia defínese o Goberno 2.0 pola súa utilidade para axudar aos cidadáns ou ás institucións a resolver problemas, tanto de forma individual como colectiva. Iso é o que a web 2.0 veu facendo de maneira satisfactoria desde fóra do mundo gobernamental e o que moitos congresos e xuntanzas sobre o Goberno 2.0 analizaron. Unha das características esenciais do Goberno 2.0 é o software colaborativo, incluíndo blogs, wikis, RSS, vídeos interactivos e redes sociais. Pero o Goberno 2.0 é moito máis, e o que está claro é que crear un goberno mellor e máis innovador é algo que afecta a todos os cidadáns.
De feito, algúns expertos afirman, por unha banda, que para resolver os problemas máis acuciantes do mundo é preciso aproveitar as capacidades da web, tales como as súas tecnoloxías, os seus modelos de negocio e, o que é aínda máis importante, os seus principios de apertura, intelixencia colectiva e transparencia. Nesta liña, outros recomendan non centrarse nos éxitos da web 2.0 no Goberno, senón nos problemas que aínda están sen resolver.
A continuación, e sen seguir ningunha orde en particular, recóllense dez directrices que se extraen da web 2.0 e que poderían aplicarse ao Goberno 2.0.
 

Tratar de solucionar os problemas importantes
Pensar no futuro e nos grandes problemas que hoxe en día afronta a humanidade é un bo punto de partida. O presidente de Estados Unidos, Barack Obama, artífice da popularidade desta nova forma de goberno, afirmou que na actualidade os problemas do mundo son demasiado grandes como para que un goberno os poida solucionar só, polo que aquí é onde a cidadanía cobra importancia para poder axudar aos gobernos.

Explorar o poder das plataformas

Este ano, o tema preponderante na Web 2.0 Expo foron as plataformas. A popularidade das redes sociais Facebook e Twitter, por exemplo, non para de aumentar, ata chegar a ocupar o primeiro e o terceiro postos de uso, respectivamente. De feito, o éxito de Twitter reside no seu funcionamento como plataforma para milleiros de aplicacións, mentres que Facebook foi aínda un paso máis alá e permite crear valor na súa plataforma. Polo tanto, os gobernos poden, de xeito complementario, aproveitar o potencial das plataformas.

Tomar mellores decisións baseadas nos datos

Unha análise dos datos acerca das plataformas de comercio electrónico do futuro permite pensar que estas van ser máis intelixentes, áxiles e eficaces. Ademais, é evidente que o seguimento en tempo real é importante para lograr a seguridade en internet e loitar contra ameazas internas. No caso dos gobernos, estes deben seguir os consellos do comercio electrónico baseados en datos se queren proporcionarlle á cidadanía mellores servizos electrónicos, aforrar enerxía a través da consolidación de centros de datos ou desbloquear a innovación a través da información médica.

O crowdsourcing pode darlles capacidades aos cidadáns

O fenómeno que subxace ao crowdsourcing, a realización dun traballo entre un colectivo de persoas, ten un poder inmenso. Algúns expertos afirman que canalizalo en traballo distribuído afecta o Goberno, a investigación e os traballadores. A capacidade dos cidadáns para mellorar as comunidades e colaborar co Goberno demostrou que esta idea da web 2.0 é un compoñente esencial do futuro do Goberno 2.0 e as plataformas participativas.

A importancia da localización

Na Web 2.0 Expo analizouse o poder das redes sociais baseadas na localización, API e datos de localización. De feito, Foursquare xa superou os tres millóns de usuarios e agora a pregunta é se os servizos baseados na localización serán capaces de aumentar o compromiso social entre a xente nova. A realidade é que Foursquare xa permite que se creen outros servizos sobre as súas API e, se isto vai adiante, podería converterse nunha plataforma para a implicación da cidadanía.

Buscar filtros mellores para o exceso de información

Unha presentadora de televisión apuntou na Web 2.0 Expo a necesidade de contar con mellores filtros para manexar grandes cantidades de información. Trátase esta dunha frustración compartida por funcionarios, medios de comunicación e cidadáns. Non obstante, identificar e dominar as ferramentas dixitais que fan que a web en tempo real sexa relevante á vez que se consegue un fluxo de información razoable non será tarefa doada. Os medios de comunicación tradicionais están interesados en contar cunha cidadanía que teña unha maior formación e unha maior cultura dixital. Por conseguinte, é preciso analizar as necesidades de información da democracia a medida que as tecnoloxías evolucionan.

Deseñar como vive e traballa a cidadanía

O deseño é importante no Goberno 2.0. Así pois, as páxinas web ben deseñadas poden axudar á cidadanía a atopar máis facilmente o que precisa. Da mesma maneira, un mellor deseño dos sinais ou carteis contribúe a unha maior seguridade do tráfico, dos sistemas de evacuación ou do acceso a utilidades clave.

Vivir no futuro

Os cidadáns buscan cada vez máis información en liña e en máis lugares. Interactúan cos lexisladores e consomen servizos electrónicos fóra dos horarios habituais de oficina. Os funcionarios que procuran unha maior participación dixital da cidadanía deberían analizar o modo en que chegar aos nativos dixitais ao tempo que conservan os servizos do mundo real para as persoas que quedaron fóra a causa da fenda dixital.


Centrarse no HTML5 e no acceso móbil

É fácil advertir que o futuro é móbil a medida que se disparan o uso de teléfonos móbiles e o de conexións de banda larga sen fíos. Aprender HTML5 é importante para poder ofrecer a mellor experiencia en todas as plataformas móbiles. Ademais, se a web 2.0 implica que as persoas van acceder á web desde calquera lugar, é fundamental que os servizos sexan neutrais desde o punto de vista das plataformas.
Cando os gobernos crean novas páxinas web e invisten en novas aplicacións, deben pensar en como evolucionou a web aberta. Os gobernos deben proporcionarlles aos cidadáns a mellor experiencia móbil posible, sen que sexa necesario que estes teñan un smartphone caro para poder utilizar unha aplicación.


Aprender a usar o humor como ferramenta

A web 2.0 tamén se move polo humor. Os gobernos, os negocios e a política son a fin de contas moi serios. O uso do humor para achegarse á cidadanía e unha das estratexias clave do Goberno 2.0. No caso da política, utilizar a tecnoloxía para descubrir e falar das necesidades, desexos e sentimentos dos electores no lugar en que viven e traballan pode ser importante.

 

 

 

voltar
Facebook Netvibes Twitter Delicious Issuu
Imit Contacta Suscríbete
Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional