DESTACADOS
Con este documento sobre Os Sistemas de Información Xeográfica no ámbito das entidades locais preténdese que o lector obteña unha visión do gran valor estratéxico que os Sistemas de Información Xeográfica (SIX) poden adquirir para calquera organización, como amosar as múltiples aplicacións das Administracións públicas, en particular, para as de ámbito local, Concellos e Deputacións Provinciais, que teñen este tipo de sistemas. O documento mostra casos de éxito e aplicaciones prácticas reais relacionadas coa implantación dun SIX nas Entidades Locales.
Un SIX é unha ferramenta que permite xestionar e analizar os datos, neste caso, datos de tipo espacial (por ejemplo relacionados coa xeografía), e que responde á necesidade de dispoñer rapidamente de información relacionada ao espazo para a resolución de problemas.
Ademais da súa capacidade para mellorar a xestión municipal, é importante destacar que o uso dos SIX nas Administracións públicas e, en especial nas entidades locais, pódese converter nun dos máis importantes aliados para mellorar os servizos que ofrecen á cidadanía, empresas ou outras organizacións e, polo tanto, o seu uso está totalmente xustificado nas mesmas.
Un exemplo simple da utilización dun SIX, que afecta directamente á entidade local, é o relacionado co inventario dos bens que esta posúe. Neste sentido, calquer Concello dispón dunha boa cantidade de bens públicos, entre os cales se pode atopar, o mobiliario urbano, a rede de sumidoiros, as instalacións municipais, etc. Cada un destes elementos está situado nun lugar determinado, que é facilmente localizable polas súas coordenadas xeográficas (latitude e lonxitude) ou coordenadas proxectadas (X e Y), de xeito que se poda, de maneira sinxela, almacenar toda a información relativa a cada un dos bens coa incorporación dun conxunto de datos descritivos con referencia a estas coordenadas.
Papel das entidades locais
As Deputacións Provinciais vanse converter nos entes que permitirán aos Consistorios dos Concellos máis pequenos cumprir con todas as demandas da cidadanía. Este obxectivo poderase lograr mediante as Enquisas de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL) que pretenden obter un censo ou inventario dos municipios de menos de 50.000 habitantes, referente ás infraestruturas e equipamentos de competencia das entidades locais. O desempeño das mesmas polas Deputacións Provinciais persegue, principalmente dous obxectivos, primeiro, cumprir coa lexislación vixente e, por outra parte, satisfacer a necesidade de recopilar, almacenar, organizar e amosar información nun soporte gráfico.
Para desenvolver as EIEL se require pasar unha serie de fases que comezan co deseño da base de datos, seguidos da recollida de información, rematando coa presentación de toda esa información obtida. Se se procede á dixitalización de todos estes resultados, o que esixe desde o principio apostar pola utilización dos SIX, podemos conseguir aportar un valor engadido en canto ao deseño, a xestión e o mantemento das infraestruturas.
Beneficios dos SIX
Tanto a cidadanía e empresas dun Concello, como os responsables políticos e empregados públicos dun Concello ou Deputación Provincial poderán beneficiarse da implantación dun SIX na súa entidade. Entre os beneficios máis importantes que se poden conseguir atópanse:
Aplicacións dos SIX nas entidades públicas
Entre as áreas máis destacadas que poden obter claros beneficios da implantación dun SIX nas Administracións locais inclúense:
Cando se pretende realizar calquera tipo de proxecto, as institucións deben levar a cabo unha avaliación exhaustiva do impacto medioambiental que isto vai implicar. Neste sentido, os SIX integrados con diferentes sistemas de adquisición de datos, permitirán analizar o impacto, co obxectivo de tomar as decisións, precaucións e medidas adecuadas en cada caso.
Neste caso, o obxectivo é establecer un sistema para realizar unha xestión e control urbanístico que facilite o coñecemento real e actualizado da actividade urbanística dun Municipio.
No caso das infraestruturas viais, os transportes e o tráfico, o uso dos SIX permitirá, entre outras, clasificar as vías por tipo e Administración pública responsable, xestionar o fluxo de tráfico dun Municipio e a súa sinalización vial, xestionar os servizos de transporte público, desenvolver os sistemas de navegación para automóbiles, determinar os camiños óptimos, etc.
O uso dun SIX neste dominio permitirá, entre outros, analizar a capacidade desas redes, os trazados máis axeitados, a súa conectividade e accesibilidade, así como os impactos das súas instalacións.
Os SIX son ferramentas capaces de proporcionar unha visión da realidade xeográfica e demográfica dun Municipio e das demandas dos seus veciños, permitindo ás entidades locais obter conclusións de aplicación directa á hora de planificar accións dentro da súa competencia.
Desde o punto de vista exclusivamente sanitario, o uso dos SIX pode permitir a determinación de xeito bastante preciso de potenciais focos de infección, prevendo así epidemias.
Os SIX resultan moi interesantes para determinar e avaliar os riscos existentes nunha determinada área ou para tentar prever desastres como catástrofes, naturais ou non. Ademais, facilitan enormemente o desenvolvemento dos plans de acción.
Nesta área, un SIX permitirá á cidadanía, por exemplo, consultar a ubicación exacta dun comercio na súa cidade, amosando o camiño máis curto para chegar a ela, ademais de datos como, parques de estacionamento máis próximos ou horarios de apertura.
Os Concellos e Deputacións provinciais teñen nos SIX unha ferramenta idónea para axudarlles na elaboración dos seus plans de desenvolvemento turístico.
Para a cidadanía, un SIX de turismo permitiralle, entre outros, consultar os puntos de interese nun mapa, calcular e visualizar as rutas turísticas (definidas ou non polo propio usuario), obter información sobre as rutas, etc.
A continuación inclúense uns consellos a seguir polas entidades locais que desexen que os seus empregados fagan un uso estendido dos SIX: