Galego  | Castelán
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

O OSIMGA publica unha actualización do Sistema de Indicadores da Sociedade da Información de Galicia

/gl/actualidade/noticias/20111228_indicadores.html
2
DESTACADO

O OSIMGA publica un estudo sobre o uso das TIC para a integración laboral das persoas con discapacidade

/gl/actualidade/noticias/20111202_informe_discapacidade.html
3
DESTACADO

O Observatorio publica os novos resultados das enquisas de software libre correspondentes a pemes e empresas informáticas

 

/gl/actualidade/noticias/20110914_novos_floss.html
4
DESTACADO

O OSIMGA publica os resultados dos estudos sobre a Administración electrónica nos concellos e na Xunta de Galicia correspondentes a 2010

 

/gl/actualidade/noticias/20111109_administracion_electronica.html

DESTACADOS

Menos da metade dos concellos avaliados no estudo da Administración electrónica local contestou un correo electrónico antes de 24 horas
ADECES (Asociación Pro Dereitos Civís Económicos e Sociais) e AI (Asociación de Internautas) realizaron, entre os meses de marzo e xuño de 2010, o I Estudo sobre Administración electrónica local en 25 concellos representativos das 17 comunidades autónomas (CCAA) e as dúas cidades autónomas. De Galicia só se tiveron en conta os concellos da Coruña e Pontevedra.
Valoración
(0 votos)
18/08/2010

A Asociación pro Dereitos Civís, Económicos e Sociais (ADECES) e a Asociación de Internautas (AI) presentan os resultados do I Estudo sobre a Administración electrónica local. O exame realizado conxuntamente por ambas asociacións analiza entre outros aspectos a interactividade dos Concellos coa cidadanía a través da Administración electrónica.


Localización e Organización dos Servizos Telemáticos nas web dos Concellos
Neste apartado examinouse se os servizos telemáticos (SIT e STC) que os Concellos ofertan a súa cidadanía teñen unha localización fácil, ao primeiro golpe de vista, ou polo contrario resulta unha aventura poder localizalos. 20 Concellos presentan unha boa localización; nos Municipios de Badaxoz, Granada, Palma de Mallorca, Pontevedra y Salamanca a localización é máis complicada.
En relación á organización avaliouse se os trámites especifican a que área pertencen, se para realizalos se necesita Certificado Dixital (CD) ou DNI electrónico e se a tramitación resulta fácil ou moi difícil para a cidadanía. Obteñen a cualificación de regular en organización os Concellos de Badaxoz, Ceuta, Granada, Palma de Mallorca, Pontevedra e Salamanca. O resto de Municipios (19) reflicten unha boa organización.


Erros de Conexión
Todos os Concellos avaliados cometeron erros no funcionamento das súas páxinas web. O erro máis reiterado é a navegación lenta. En 14 Municipios: A Coruña, Albacete, Barcelona, Bilbao, Ceuta, Madrid, Murcia, Palma de Mallorca, Pamplona, Salamanca, San Sebastián, Toledo, Valencia y Zaragoza, rexístrase este problema.
Badaxoz, Barcelona, Ceuta, Murcia, Oviedo, Palma de Mallorca, Pontevedra, San Sebastián e Sevilla, presentan nas súas web páxinas fóra de servizo ou ás que non se pode acceder.
Teñen erros na tradución ou páxinas sen traducir: Barcelona e Pontevedra.
En Badaxoz, Melilla, Murcia, San Sebastián, Sant Cugat del Vallés e Valencia rexístranse dificultades para acceder aos enlaces ou links.
Dez Concellos: Ceuta, Granada, Logroño, Madrid, Pontevedra, Santander, Sevilla, Tenerife, Valladolid e Zaragoza presentan dificultade para acceder aos servizos telemáticos ou realizalos.


Servizo de Atención á Cidadanía
Outro dos aspectos examinados en este I Estudo é o Servizo de Atención á Cidadanía (SAC), en concreto os canles polos cales se facilita a comunicación electrónica coas administracións, en este caso coa Administración local.
A comunicación electrónica desempeña un papel prioritario no impulso da participación cidadá, na resolución de dúbidas e consultas e, en consecuencia, no desenvolvemento da Administración electrónica.
Neste sentido, cabe dicir que todos os Municipios poñen a disposición da cidadanía o seu servizo de queixas, suxestións e reclamacións para efectuar consultas.
En relación co SAC examináronse as canles de comunicación electrónica que oferta á cidadanía. Facilitan correo electrónico específico do SAC: Albacete, Bilbao, Granada, Logroño, Oviedo, Palma de Mallorca, Santander, Sant Cugat del Vallés e Valladolid.
Barcelona, Madrid, Melilla y Murcia ofrecen formularios para realizar as consultas a través de internet. Dispoñen de atención en liña: Barcelona, Melilla, Murcia e Sevilla.


Proba Práctica
Realizouse esta proba para obter unha pequena mostra do funcionamento dos sistemas de consulta cidadá e comprobar o tempo de resposta dos Concellos.
Os tempos de resposta dividíronse en tres bloques: ata as 24 horas, de 24 a 48 horas e máis de 48 horas.
Contestan nas primeiras 24 horas doce Municipios. Antes dos 30 minutos responden os Concellos de Valladolid, Albacete e Oviedo. Ao borde das 24 horas Pamplona e San Sebastián. Entre as 24 e 48 horas atópanse Toledo (25 h 34 min), Murcia (43 h 19 min) e Palma de Mallorca (47 h 52 min). Rexistran máis de 48 horas: Zaragoza (192 h 57 min), Barcelona (331 h 7min) e Madrid (1113 h 11 min). Sete Concellos (Granada, Logroño, Pontevedra, Santander, Sant Cugat del Vallés, Sevilla e Tenerife) non responden ás consultas realizadas.


Interactividade das páxinas web dos Concellos
Avaliouse a interactividade dos Concellos entre eles e co resto de Administracións, autonómica e central, para comprobar o grao de desenvolvemento da xanela única que se podería ver impulsado pola Administración electrónica.
Todos os Municipios presentan unha alta interactividade coa Administración autonómica e central, sendo máis estreita con esta última.
Oito Concellos (Badaxoz, Madrid, Melilla, Murcia, Pontevedra, San Sebastián, Santander e Sant Cugat del Vallés), rexistran unha baixa interactividade co resto das Administracións Locais.


Curiosidades
En este apartado observáronse os seguintes STC, que axilizan os trámites e ofrecen servizos de interese á cidadanía:

  • Asesoría xurídica para a xuventude, (Badaxoz).
  • Consultar a dispoñibilidade de bicicletas nos puntos de préstamo, (Valladolid).
  • Recoller e entregar as bicicletas a menos de 300m, (Barcelona).
  • Cursar solicitude “Primeiros Días”9 e Inscrición no programa “Deixar de Fumar” por internet, (Madrid).
  • Inscribirse na Ceuta Lan Party, acto para que a xuventude se achegue ás novas tecnoloxías e ofrecer unha alternativa de ocio cultural, (Ceuta).
  • Orientación psicolóxica a familias con fillos de 0 a 19 años, (Pamplona).
  • Préstamo a domicilio (biblioteca en casa), dirixido á cidadanía que teña problemas de saúde e mobilidade reducida, (Zaragoza).
  • Rexistrarse para compartir coche, (Bilbao, Palma de Mallorca, Pamplona e Santander).
  •  A web Quieremebien.es pon a disposición da xuventude unha asesoría en liña para fomentar o bo trato nas súas relacións afectivas, (Logroño).
  • Solicitar unha visita á Granxa Gloria Fuertes, servizo destinado a atender as necesidades formativas e terapéuticas dos colectivos en risco de exclusión social, (Melilla).
  •  Murcia, Pamplona e San Sebastián ofrecen á cidadanía a posibilidade de votar aos seus Concellos como Capital Europea da Cultura 2016.

 

voltar
Facebook Netvibes Twitter Delicious Issuu
Imit Contacta Suscríbete Calidade