A competencia no negocio da banda larga aumentou nos oito xeotipos de poboación que recolle o ‘Informe de Seguimiento de la Situación Competitiva de la Banda Ancha en España’ (xuño 2011) publicado pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións. A CMT indica que as operadoras alternativas están a aumentar a súa oferta e cota de mercado nos municipios de menos de 100.000 habitantes.
A duodécima edición do informe 'La Sociedad de la Información en España', publicado pola Fundación Telefónica, indica que a penetración de Internet móbil en España sitúase no 20%, mentres que a media na Unión Europea dos 27 é do 11%.
O informe 'La Sociedad de la Información en España', correspondente a 2011, indica que as redes sociais xa son o terceiro medio de comunicación entre os mozos, só por detrás do móbil e da comunicación en persoa.
O estudo “La Sociedad de la Información en España 2011” da Fundación Telefónica ofrece un estudo da situación en Galicia realizado polo Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia (OSIMGA).
O ONTSI vén de publicar o informe “Perfil sociodemográfico de los internautas. Análisis de datos INE 2011”. Entre as conclusións deste estudo cabe resaltar que dos case 27 millóns de persoas de 10 anos e máis que se conectaron a Internet nalgunha ocasión, 16,5 millóns xa acceden á Rede diariamente.
Segundo IDC, as organizacións de Europa occidental móstranse cautas á hora de elaborar os seus orzamentos en tecnoloxía para o presente exercicio. Por outra banda a venda de equipos de consumo cede un 19,6%, menos do que se agardaba, mentres que nas empresas déixanse de vender un terzo das máquinas comercializadas no mesmo período do ano anterior.
A segunda 'Enquisa sobre o Libro Dixital en España', realizada pola Federación de Gremios de Editores de España, en colaboración coa Fundación Germán Sánchez Ruipérez indica que o libro dixital vai gañando terreo en España, como o demostra o que en 2011 a Axencia do ISBN rexistrou un total de 17.843 obras neste formato, o que supón unha suba do 38% con respecto ás cifras do ano anterior.
Segundo a última nota mensual da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), a telefonía móbil rexistrou en novembro de 2011 o seu sétimo mes consecutivo de ganancias tras sumar 103.829 novas liñas. Desde maio de 2011 as operadoras de móbiles no seu conxunto gañaron 1.259.315 liñas.
Un informe do CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación do TIC baseadas en fontes abertas) revela que a cifra de negocio que producen as solucións open source rolda os 776 millóns de euros e que perto de 40.000 persoas que estiveron implicadas en proxectos de consultaría ou desenvolvemento de software de fontes abertas.
A Organización Europea de Operadoras de Telecomunicacións (ETNO) volveu insistir esta mesma semana á Unión Europea (UE) sobre a necesidade de que adopte unha regulación que cre as condicións propicias para manter o investimento no sector, aducindo que sofren perdas por terceiro ano consecutivo.