DESTACADOS
A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación CEL (SITE), na súa teima por levar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación ás empresas do país, sobre todo ás máis pequenas e con menos vantaxes no mercado, continúa organizando charlas para emprendedores e empresarios da provincia de Lugo, dentro do seu Proxecto EmprendeTIC 2009. Este xoves 22 de outubro, en concreto, vai ter lugar o relatorio Web 2.0 ¿moda ou realidade empresarial, a sexta das sete xornadas programadas, na que se examinará unha das consideradas novas vías para os negocios: a web 2.0 ou segunda xeración de tecnoloxía web, baseada nas comunidades de usuarios e no intercambio de información.
Fonte: Código Cero