DESTACADOS
A tecnópole vén de poñer en funcionamento unha iniciativa piloto coa que asistirá de balde a cinco empresas situadas no seu recinto para a implantación da factura electrónica como modalidade de facturación propia. O Parque Tecnolóxico de Galicia asegura que este sistema “permite aforrar ata 3,5 euros por factura entre o emisor e o receptor” e leva a cabo este proxecto no seu ánimo de liderar sistemas de xestión relacionados coas novas tecnoloxías.
Fonte: Códigocero.com