DESTACADOS
A conferencia está promovida polo proxecto europeo OSEPA (Open Source Software Usage by European Public Administrations) e organizada por FUNDECYT (Fundación para el desarrollo de la ciencia y la tecnología en Extremadura).
O interese polo software libre nas administracións públicas responde á flexibilidade que facilita, á independencia tecnolóxica e á optimización de recursos públicos. Todo isto supón maior sustentabilidade no tempo. O uso do software libre é unha tendencia emerxente nas administracións públicas europeas, consolidándose o seu uso debido aos beneficios estratéxicos que supón.
A organización traballar para que o congreso sexa unha referencia no ámbito do software libre e as administracións públicas. Para asistir á exposición das experiencias internacionais programadas, só é preciso cubrir o formulario habilitado. A inscrición é gratuíta e aberta a calquera, habendo un aforo máximo de 100 persoas.
Data: 1 e 2 de Decembro
Lugar: Badajoz
Promotor: OSEPA