DESTACADOS
CONITEC acollerá os días 30 de novembro e 1 de decembro no Palacio de Congresos de Madrid (Campo das Nacións) o Encontro sobre Transferencia e Tecnoloxía, coordinado pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España-APTE. O obxectivo deste congreso é que todos os axentes que integran os procesos de transferencia de tecnoloxía poidan coñecerse e chegar a algún tipo de colaboración a través da participación neste encontro. Desta forma, os emprendedores poderán coñecer máis en profundidade ás OTRIs, Centros Tecnolóxicos, Parques Científicos e Tecnolóxicos. Á súa vez, OTRI's, Parques e Centros Tecnolóxicos, terán a oportunidade de presentar os seus servizos e o traballo que desenvolven para fomentar a colaboración e a transferencia tecnolóxica.
Data: 30 de Novembro e 1 de Decembro
Lugar: Madrid, Palacio de Congresos
Promotor: CONITEC