DESTACADOS
Coa subvención xa convocada e os proxectos presentados hai meses, a Comunidade de Madrid decidiu reducir a un terzo as axudas que ía conceder ás empresas que desenvolveron proxectos de fomento da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector das tecnoloxías da información (TIC). Unha orde, asinada polo conselleiro madrileño de Economía e Facenda, Antonio Beteta, o 19 de xullo pasado modifica o importe das axudas. Cando se publicou a subvención, en xaneiro pasado, íanse repartir tres millóns de euros. Agora o importe redúcese ata pouco máis dun millón (1.050.000 euros).
Fonte: El País