A Organización de Consumidores e Usuarios pide que se teña coidado ao usar móbiles con internet no estranxeiro
A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) pediu aos viaxeiros que teñan coidado cando se conecten a internet no estranxeiro e denunciou ante a Comisión do Mercado de Telecomunicacións (CMT) a deficiente información que os operadores de telefonía móbil están facilitando aos seus clientes sobre o límite de 50 euros de gasto en tráfico de datos en 'roaming' dentro da Unión Europea.
Fonte: El Mundo
Comparte esta información





