DESTACADOS
Lugar: Auditorio de Distrito Telefónica, Edificio Central, c/ Ronda de la Comunicación, s/n (acceso ao auditorio) Madrid
Mércoles 25 de xaneiro, ás 12:00 horas
Na súa 12ª edición o Informe da Sociedade da Información en España recolle os principais indicadores, datos e cambios que permiten realizar unha descrición da situación actual do sector. No capítulo inicial preséntanse as 10 claves do ano. No segundo capítulo recompílase de forma visual a información máis relevante en relación á conectividad á rede, a dispoñibilidade de acceso así como os terminais que facilitan o goce da Sociedade da Información. Ademais analízanse temas sobre o impacto que orixina o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións en diversos ámbitos e sectores da realidade económica e social. No capítulo terceiro realízase un estudo propio, con datos Telefónica, para entender a vida e a realidade dixital. Finalmente, no capítulo cuarto, o informe recompila a visión de todas e cada unha das Comunidades Autónomas. O estudo da situación en Galicia é o resultado dun exercicio de autodiagnóstico realizado polo Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia (OSIMGA).
Máis información: http://www.fundacion.telefonica.com/es/que_hacemos/convocatorias/detalle/25_01_2012_amb_3432