Galego  | Castelán
Logo OSIMGA
Logo XUNTA
1
DESTACADO

No pleno do OSIMGA presentouse o balance das actuacións definidas na estratexia tecnolóxica da Xunta durante o período 2009-2011

 

/gl/actualidade/noticias/20120502_pleno_osimga_2012.html
2
DESTACADO

O OSIMGA publica unha actualización do Sistema de Indicadores da Sociedade da Información de Galicia

/gl/actualidade/noticias/20111228_indicadores.html
3
DESTACADO

O OSIMGA publica un estudo sobre o uso das TIC para a integración laboral das persoas con discapacidade

/gl/actualidade/noticias/20111202_informe_discapacidade.html
4
DESTACADO

O Observatorio publica os novos resultados das enquisas de software libre correspondentes a pemes e empresas informáticas

 

/gl/actualidade/noticias/20110914_novos_floss.html

DESTACADOS

II Congreso nacional de interoperabilidade e seguridade (Madrid)

II Congreso nacional de interoperabilidade e seguridade (Madrid)

Os días 22 e 23 de febreiro de 2012 celebrarase novamente en Madrid o II CONGRESO NACIONAL DE INTEROPERABILIDAD E SEGURIDADE, un foro de encontro para avanzar sobre a aplicación dos Esquemas nacionais de Interoperabilidade e Seguridade nas Administracións Públicas.

CNIS constitúe o principal encontro sobre Esquemas nacionais desde a súa aprobación e publicación en xaneiro de 2010 até a data e xuntará novamente a representantes das distintas Administracións Públicas, as principais empresas do sector e a moi diversos expertos relacionados coa materia. Será un interesante marco de intercambio de experiencias e solucións para aplicar e cumprir coas esixencias das novas normas.

A entrada en vigor dos novos Esquemas Nacionais de Seguridade e de Interoperabilidade, supón unha aposta das administracións por avanzar na implantación efectiva da Lei 11/2007 e do resto de regulacións que afectan as administracións públicas tanto na modernización da súa xestión interna como da súa relación cos cidadáns.

A realización dun II Congreso a nivel estatal busca debater sobre a aplicación práctica destes Esquemas e especialmente mostrar e propor solucións e experiencias reais por parte das diferentes AA.PP. e de empresas que lideran os proxectos de interoperabilidad e seguridade nas nosas administracións.

Máis información

 

voltar
Facebook Netvibes Twitter Delicious Issuu
Imit Contacta Suscríbete Calidade