DESTACADOS
Data: 21/12/2011
O Centro Demostrador TIC organiza o próximo 15 de decembro unha Xornada Demostradora sobre "Solucións tecnolóxicas para a modernización da Industria Téxtil", na que se mostrará ao tecido empresarial do sector diversos servizos e aplicativos TIC que posibiliten a actualización do seu negocio, a mellora do seu posicionamento na economía galega, así como a apertura a novos mercados.
O obxectivo da Xornada demostradora é achegar ás empresas do sector, de forma práctica e sinxela, solucións tecnolóxicas de provedores TIC Galegos que posibiliten a modernización do seu negocio, así como a mellora da súa produtividade e competitividade.
A xornada, que se celebrará en horario de 10:00h a 13:45h, fará un percorrido por distintas solucións TIC como poden ser un sistema para o control do proceso de trazabilidade e outros procesos da cadea de valor, unha aplicación de intelixencia de negocio que axude aos directivos na toma de decisións estratéxicas para a súa empresa ou unha solución de xestión empresarial e planificación de recursos.
A xornada vai dirixida aos profesionais e persoal técnico e/ou xerentes ou directivos de empresas da comunidade, principalmente do sector téxtil. A asistencia é de balde, condicionada ao aforamento do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC (http://cdtic.xunta.es/inscribir).
O programa da xornada é o seguinte:
10:00 - 10:20 PRESENTACIÓN DA XORNADA DEMOSTRADORA.
10:20 – 10:45 PRESENTACIÓN ANFACO-CECOPESCA
10:45 - 11:30 REDETAG
Demostración dunha solución ERP con control do proceso de trazabilidade e outros procesos da cadea de valor, baseada en tecnoloxía RFID.
CTI, LEVEL TELECOM e ANFACO-CECOPESCA.
11:30 - 12:00 PAUSA
12:00 - 12:45 Automatización nos procesos de clasificación e primeira venta dos produtos pesqueiros: Aplicación á trazabilidade
Demostración dunha solución enfocada á clasificación, automatización, trazabilidade e comercialización de productos pesqueiros así como unha máquina de clasificación de vieiras mediante visión artificial.
SAECDATA.
12:45 - 13:30 REEFER e VOCOLLECT
Demostración de solucións para a descarga automática de temperaturas nos contenedores marítimos refrixerados e para o control dos movementos loxísticos baseada na interpretación de comandos de voz.
WARNIER.
13:30 - 14:00 CONCLUSIÓNS E VISITA GUIADA POLO CDTIC.
A metodoloxía definida para este tipo de xornadas persegue acadar un contacto directo entre á oferta tecnolóxica existente en Galicia e os posibles demandantes da mesma, a través de demostracións prácticas e a participación activa das empresas asistentes durante a celebración da xornada.
Máis información: http://cdtic.xunta.es/