DESTACADOS
A batalla da tarifa plana e da súa viabilidade futura comezou no Reino Unido. Se é ou non un ensaio para o que poida pasar en España, dirao o tempo. O feito é que O2, a filial británica de Telefónica, decidiu poñer restricións a todos os seus plans de tarifas planas de banda larga no fogar. As restricións son de dous tipos: ou ben mediante o establecemento dun límite de descarga 20 GB (gigabytes) ou coa introdución dunha cláusula de "política de uso razonable", que permite restrinxir ou incluso cortar o acceso aos aboados que fagan un uso abusivo do servizo, por exemplo, mediante descargas masivas de arquivos a través de redes p2p.
Fonte: El País