DESTACADOS
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou a relevancia das infraestruturas de telecomunicacións como un dos motores principais para a modernización de Galicia. Así o asegurou durante a celebración en Santiago da XV Noite Galega das Telecomunicacións que organiza o Colexio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETEG-AETEG), onde animou aos profesionais do sector a seguir traballando polo progreso da comunidade no ámbito da sociedade da información.
Fonte: Xunta de Galicia