DESTACADOS
A inminente chegada de verdadeiros correos en aplicación da lei Hadopi en Francia, que cortará a conexión a internet a quen persista na descarga de arquivos protexidos tras tres avisos, está sendo aproveitada polos estafadores. A propia autoridade que ha de poñer en marcha a lei Hadopi advertiu da existencia destes correos electrónicos fraudulentos nos que se di ao receptor que foi detectado nas súas descargas e solicítanselle datos personais e a conta bancaria. As autoridades francesas alertaron de que estes correos non son nominativos e insistiron en que, a pesar de que o envío de avisos pola súa parte é "inminente", aínda non remitiron ningún e que se trata dunha estafa.
Fonte: El País