DESTACADOS
O operador público de telecomunicacións Retegal comeza os traballos de construción dunha nova torre de telecomunicacións no Concello pontevedrés de Meis. Esta actuación inscríbese no marco do Plan Director de Banda Larga da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e o Proxecto Repoblar da Deputación de Pontevedra para dotar de conexión á Internet aos núcleos rurais da provincia.
Fonte: Xunta de Galicia